Moraña celebrará a festa do carneiro ao espeto pero a comida deberá recollerse na Carballeira

MORAÑA> En Moraña, as festas do carneiro ao espeto si sobreviven ao Covid 19 pero adaptándose á nova normalidade. O día grande da festa, mantense o asado dos cordeiros pero cancélase a comida popular, os interesados deberán achegarse co seu vehículo á zona de asados e recoller o seu produto. Si se cancelan os eventos deportivos.

A nova normalidade obriga a moitos concellos a ter que cancelar as súas festas. Unha decisión que o goberno de Moraña esquivou adaptando a súa festa do carneiro ao espeto á nova situación de crise sanitaria. O asado mantense o día principal pero non se celebrará a comida popular.

As reservas de comida teñen que facerse con antelación. O concello porá a venda este anos dous lotes diferentes de carneiro o espeto.

Non corren a mesma sorte os eventos deportivos e as verbenas que terá que ser cancelados. No seu lugar o concello traballa nunha programación cultural adaptada á nova situación, para que goce a veciñanza de Moraña.

Dende o concello agardan bater o seu récord chegando aos 4200 comensais. Tamén matizan que tanto o asado, como a recollida de lotes e as actividades culturais faranse garantindo todas as medidas sanitarias para velar pola seguridade dos traballadores e da veciñanza

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí