A Deputación colaborará nos actos do 25º aniversario da ponte da Illa

    reunion_illa100.jpgPONTEVEDRA> O Concello da Illa contará coa colaboración da Deputación nos actos que está a programar con motivo do 25º aniversario da ponte.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_alcalde_illa.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O Concello da Illa contará coa colaboración da Deputación nos actos que está a programar con motivo do vixésimo quinto aniversario da construción da ponte da Illa.

    A festa celebrarase a semana do 14 de setembro e a Deputación participará cunha achega económica e cunha actuación musical de renome. Disto falouse esta mañá na reunión que mantiveron na Deputación, Rafael Louzán e o alcalde Manuel Vázquez.

    Por outra banda, Louzán tamén confirmou que A Illa recibirá un préstamo de 200 mil euros da caixa de anticipos provincial. Esta contía irá destinada á adquisición das antigas casas dos donos da fábrica de conservas Otero Diz e Otero, coñecidas na Illa como a casa do Campaneiro e a casa de dona Tomasa. Están situadas na rúa Marqués de Bradomín e son parte da historia antiga do municipio.

    Louzán anunciou que proximamente se achegará en persoa ó municipio para formalizar ambas colaboracións.

    Redacción Salnés