O PSdeG bota en falta informes externos sobre os salmóns mortos

marisolsoneiragaiolassalmon100.jpgMUROS> O próximo xoves debaterase no Parlamento unha pregunta formulada polo PSdeG en relación á mortaldade dos salmóns na ría de Muros.

{flowplayer}barbanza/marisolsoneiragaiolassalmon.flv{/flowplayer}

Segundo os socialistas existen probas documentais da aparición de salmóns mortos nos aparellos dos mariñeiros da ría de Muros. Sen embargo acusan á administración autonómica de mirar para outro lado e encargar os informes da situación á principal parte interesada como é a empresa North West Food.

A deputada parlamentaria insiste en que o incremento dos orzamentos da Consellería do Mar débese á partida para a posta en marcha do Plan de Acuicultura que leva anos parado pola inoperancia do executivo autonómico.

Tamén denuncia que os investimentos de Portos de Galicia non aparecen detallados polo que non se coñecen as actuacións a desenvolver ó longo de 2012.

Redacción Barbanza