O BNG reclama a rotonda da Barquiña ante o incremento do tráfico

rotondabarquina.jpgNOIA> O BNG de Noia volveu solicitar á Consellería de Infraestruturas a construción dunha rotonda no cruce da Barquiña.

{flowplayer}barbanza/rotondabarquina.flv{/flowplayer}

En novembro do pasado ano, o pleno de Noia aprobou unha moción presentada polo BNG sobre a necesidade de mellorar as infraestruturas viarias no municipio. Nela incluíase a construción dunha rotonda no cruce da Barquiña, máis necesaria se cabe trala apertura do corredor de Brión a Noia que conta cun enlace en Orro.

Ademais desta actuación, os nacionalistas propoñen incluír no Plan Move da Xunta a mellora das comunicacións co concello de Boiro a través dunha nova estrada polo Confurco.

Redacción Barbanza