Indignación entre as confrarías polo reparto da cotas

    fotobenitocopia.jpgGALICIA> O reparto das cotas do lirio ou o xurelo non convence á pesca de baixura que se ve en inferioridade con respecto á de arrastre.

    {flowplayer}images/salnes/CotasEspeciesBenito.flv{/flowplayer}

    O goberno central anunciou que manterá o reparto das cotas, tal como está establecido, durante outros tres anos máis. A Federación Galega de Confrarías rexeita esta decisión e recórdalle á administración que xa o mes pasado lle pediran que discutise a medida con eles antes de tomar decisións.

    A Federación Galega de Confrarías reuniuse onte para achegar posturas acerca deste tema. Un tema que afecta a cinco especies; lirio, cigala, galo, xurelo e rape. A decisión do goberno central é que o reparto das cotas destes peixes se faga como se viña facendo ata o de agora, o 50 por cento das capturas estarían reservadas para a flota de arrastre e o outro 50 por cento para a de baixura. O problema é que o primeiro grupo estaría formado por uns 85 barcos e o segundo por preto de 4.500.

    Partindo desta base, do desacordo con este reparto xa dende o principio, agora os pósitos galegos atópanse con que o goberno central pretende renovar esta maneira de repartir por outros 3 anos máis. A pesar de que na última reunión, celebrada o pasado 28 de outubro a federación de confrarías xa lle pedira a administración que non tomase ningunha decisión e que lle permitise ó sector discutilo entre eles.

    O presidente da Federación Galega fixo referencia tamén ó momento político no que nos atopamos. Dixo Benito González que no medio dun proceso electoral non era preciso tomar estas medidas.

    Con todo, dende a Federación ven difícil que o proceso se poida frear, aínda que non descartan tomar medidas, contando ademais co apoio da Consellería do Mar.

    Redacción Salnés