![]()
BARBANZA> O consello da Federación Galega de Municipios e Provincias contará con dous representantes do Barbanza: Isaac Maceiras e Caridad González.
{flowplayer}barbanza/maceirasfegamp.flv{/flowplayer}
Neste novo mandato a FEGAMP perseguirá un obxectivo claro: o desenvolvemento do pacto local. Segundo explicou un dos novos integrantes do consello federal, Isaac Maceiras, instarán á Xunta a facer efectivas as achegas para cubrir os gastos en tódolos ámbitos da sanidade e da educación.
Dificultades económicas
Nesta oitava asemblea da federación debatéronse cuestións de vital importancia para o mantemento económico dos entes locais como o cobro de recibos abusivos que supoñen unha eiva para as entidades locais ou a necesidade de liquidar as taxas de certos servizos no período establecido para evitar o endebedamento dos concellos.
Durante a primeira xuntanza abordouse tamén a necesidade de modernización da administración local como garante da transparencia e a aposta pola cohesión na ordenación territorial.
Redacción Barbanza








