RIBEIRA> A actuación, cuxo prezo de licitación ascende a máis de 891 mil euros, ten como principal finalidade favorecer o uso recreativo da zona para disfrute dos veciños. O executivo ribeirense amosou a súa satisfacción por esta nova, que suporá a recuperación dun espazo que se atopaba moi degradado para uso e disfrute dos veciños da parroquia de Castiñeiras. Segundo consta no anuncio no Boletín Oficia do Estado, as empresas interesadas en presentar as súas ofertas terán de prazo ata o vindeiro 19 de maio. A actuación, cun presuposto de máis de 891 mil euros, prevé a demolición da actual estrutura da fábrica que aínda queda en pé e o acondicionamento do terreo en cuestión, incluíndo a demolición tamén dunha pista deportiva localizada a 300 metros e que está situada sobre terreo dunar. Posteriormente procederase á revexetación da zona e ó establecemento dos espazos previstos para uso público. Así está previsto a construción dunha área deportiva cunha pista de tenis e outra de fútbol sala e baloncesto. Ademais habilitarase unha praza de pavimento de formigón impreso que estará bordeada por un murete de mampostería que servirá tamén de miradoiro. Tamén se levará a cabo unha rede de sendas para propiciar o tránsito peonil.
Inicio Barbanza - Muros - Noia