Grave tras ser golpeada cun martelo presuntamente pola súa parella

    portelina_poiocopy.jpgPOIO> Os feitos aconteceron no lugar de Porteliña. A muller atópase con prognóstico reservado no Complexo Hospitalario de Vigo.

    {flowplayer}images/salnes/VIOLENCIA_XENERO_POIO.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu a media tarde de onte no primeiro andar deste inmoble no lugar de Porteliña. Segunda transcendeu da investigación, o home de 43, natural de Ponte Caldelas, golpeou presuntamente cun martelo á súa parella en presenza das súas dúas fillas.

    As dúas rapazas alertaron ós veciños o que provocou que un veciño e un axente da Garda Civil, que se atopaban preto do lugar dos feitos, tentaron interceptar ó home que conseguiu fuxir deixando atrás a arma coa que presuntamente agredira á muller na cabeza, no torso e nos brazos.

    Ata o lugar desprazouse emerxencias do 112 que asistiu á vítima e ás dúas rapazas de trece anos. Debido á gravidade das feridas da muller, entre elas dúas fracturas craniais, foi trasladada ó Complexo Hospitalario de Vigo desde o Hospital de Montecelo onde se atopa con prognóstico reservado.

    O home foi detido á última hora da tarde de onte no concello de Sanxenxo. Nestes momentos está retido na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra onde prestará declaración por un presunto delito de violencia de xénero e por outro de ameazas. Está previsto pase mañá a disposición xudicial.

    Redacción Salnés