![]()
VILAGARCÍA> Ánimo caldeado na praia Compostela. Finalmente cumpriron coa súa ameaza, e as afectadas pola retirada do permex acudiron hoxe a mariscar …
{flowplayer}images/salnes/protestas_lazareto_060212.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Ánimo caldeado hoxe na praia Compostela. Finalmente cumpriron coa súa ameaza, e as afectadas pola retirada do permex acudiron hoxe a mariscar xunto cos membros da agrupación de Carril.
O colectivo Lazareto esperou ata que as mariscadoras da Confraría se decidiron a baixar á praia, cousa que non sucedeu ata as dez e media da mañá. Pero uns e outros volveron cos capachos baleiros de marisco.
A agrupación de mariscadoras de Carril lamentou hoxe a actuación dos vixilantes da Xunta, que permitiron faenar ás mulleres que tiñan o permiso anulado, inda que logo se preocuparon de comprobar que non levaban marisco. As mariscadoras da Confraría decidiron baixar á praia para ver como actuaban as que tiñan o carné anulado, pero finalmente deixaron o marisco por temor a que ás outras llo deixaran levar.
Ningunha das dúas partes está contenta coa actuación da Xunta neste asunto. A este respecto, o alcalde Tomás Fole, comprometeuse hoxe a solicitar, canto antes, unha reunión coa consellería do Medio Rural e do Mar.
Redacción Salnés










