Tambaléase a confianza dos comerciantes no Nadal para salvar un ano negro

    VILAGARCÍA> Os comerciantes miran con certo medo a Campaña de Nadal. Segundo Zona Aberta, os establecementos de Vilagarcía están a pagar aínda o desastroso verán que nos deixou o 2014. Un tempo inestable que, sumado á crise, temen que afecte a campaña das festas de decembro, a máis forte do ano.

     

    Son tempos difíciles para os comerciantes vilagarciáns.

    En pleno mes de novembro, os establecementos da capital arousá están a pagar aínda o mal tempo dos meses de verán, que levou por diante as expectativas dunha das campañas fortes do ano.

    Por iso miran con medo a Campaña de Nadal. Temen que a crise siga facendo descender as vendas, aínda que non perden a esperanza.

    Agardan que decembro sexa máis benévolo que o do ano anterior. Zona Aberta pechou a campaña de Nadal do 2013 cunha caída das vendas dun 20% respecto do 2012.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/prevision_vendas_nadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/prevision_vendas_nadal.mp4{/flowplayer}