O BNG podería encabezar o próximo goberno tripartito cesureño

    PONTECESURES> O líder do BNG en Pontecesures, Luís Angueira, ven de facer unha valoración moi positiva das últimas eleccións municipais…

    {flowplayer}images/salnes/angueira.flv{/flowplayer}

    … que deron ós nacionalistas catro escanos de entre as sete opcións políticas que se presentaron.

     A partir destes resultados e tras facer unha valoración dos mesmos xa estableceron unha rolda de contacto que podería derivar nun goberno tripartito no que se verían respaldados polo PSOE e Terras Galegas, con cadanseu edil. Esta mesma noite está tendo lugar unha nova xuntanza a tres bandas que poderían sentar as bases do futuro goberno cesureño.

     O BNG de Pontecesures está aberto a calquera posibilidade, salvo á de pactar co Partido Popular, nin cos Independentes de Maribel Castro nin co ACP de Ángel Sabariz.

    Redacción Salnés