As administracións de lotaría apuran as últimas vendas

VILAGARCIA> Mañá arranca “oficialmente” para moitos as Festas de Nadal. Aínda quedan unhas horas para saber si a sorte recaerá na nosa área aínda así, estivemos na administración de lotería da rúa San Roque en Vilagarcía para coñecer como están sendo as compras de última hora e cales son os números máis solicitados.

A ilusión e a alegría encheran o país. Como cada 22 de decembro os nenos de San Ildefonso farán posible que moitos españois vexan como os seus aforros aumentan, ou no peor dos casos continúan igual. O que sí é certo é que a lotería de Nadal é unha tradición que ninguén se quere perder, nesta administración de lotería de Vilagarcía, admiten que a campaña de este ano foi mellor que a do anterior.

Mañá dende ben cedo pola mañá, no Teatro Real de Madrid, 9 rapaces e 22 rapazas cantarán os números que, quen sabe… poden cambiarlle a vida ou cando menos a celebración de este Nadal…