![]()
VILAGARCÍA> No seu corenta cumpreanos, a Feira organizada por Fexdega demostra que segue a gozar de boa saúde.
{flowplayer}images/salnes/121009_FEXDEGA.flv{/flowplayer}
Para curiosear, buscar un cambio na decoración do fogar ou para botar unha ollada ó último en automoción. Calquera destas escusas era boa para achegarse un ano máis á multisectorial de Fexdega. A feira arrincaba o venres cunha expectativas de participación altas, e á falta dos datos definitivos, os organizadores amósanse máis que satisfeitos. A corenta edición de Fexdega figura xa como unha das que máis público conseguiu reunir nos últimos cinco anos. O día de máis afluencia, o sábado.
Entre os expositores, ofertas para viaxar, útiles de xardinería, vehículos, pero sobre todo mobles e decoración, xa que estes son os produtos que ano tras ano veñen contando con máis demanda por parte do público. A este éxito de participación hai que unir o bo sabor de boca co que marchan as empresas participantes.
Ademais da actividade promocional e comercial, este ano a Multisectorial de Fexdega serviu como punto de encontro entre os responsables de Turismo de Porto e Norte de Portugal (presentes na feira cun stand propio), e a Mancomunidade de O Salnés. Xuntos intentarán poñer en marcha un proxecto de cooperación para solicitar unha axuda á Unión Europea coa que crear unha rede conxunta de turismo enolóxico e gastronómico.
Redacción Salnés








