Continúan as conversas no BNG para levar a cabo a moción de censura

MUROS> O BNG de Muros podería levar a cabo unha moción de censura conxunta co PP para arrebatar a alcaldía ó PSOE local, que lidera a actual rexedora Caridad…

{flowplayer}images/salnes/entrevista_mocion_bng_muros.flv{/flowplayer}

… González. Tralas reunións internas do partido a nivel municipal, os nacionalistas muradáns agardan a que a cúpula do BNG lles dea o visto bó para poder levar a cabo esta polémica actuación.

Polo de agora os tres edís do BNG de Muros están á espera de poder explicarlle á dirección do partido os pormenores que os levan a esta drástica decisión; por un lado, -din-, a actitude despótica da alcaldesa e polo outro a nefasta xestión do equipo socialista, que non conta con maioría absoluta. Polo de agora toca agardar namentres se suceden as conversas informais e ocasionais co PP. Os nacionalistas aseguran que, de chegar a bó porto esta moción, darían a alcaldía ó Partido Popular, como creen que é de xustiza posto que teñen catro edís, un máis ca eles.

No tocante ás últimas declaracións dos socialistas do Concello de Carnota, o BNG muradán critican que esta moción poida ter a súa contrapartida no Concello lindeiro, onde goberna un nacionalista, que podería ser retirado do poder de chegaren a un pacto os socialistas e os populares.

Redacción Salnés