‘Saudarte’ convida á mocidade a investir o tempo de forma saudable

CAMBADOS> Saudarte abre as portas da súa décimo oitava edición. A mostra, inaugurada hoxe en Cambados, recolle unha escolma de 35 obras elaboradas por mozos. Detrás desta iniciativa está, como sempre, a Fundación Galega contra o Narcotráfico. O obxectivo: promover entre a rapazada opcións de lecer saudables, afastadas do mundo das drogas.

A mostra recolle o traballo de 35 mozos e mozas procedentes de varios centros educativos de Cambados e a súa contorna.

Saudarte inaugurouse hoxe en Exposalnés. Vai estar aberta ao público ata o día 29 deste mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí