O Olimpic acada 15 medallas no Campionato Provincial

MARÍN> O club vilagarcián desprazouse a Marín para disputar o Campionato Provincial. Como sempre acadaron uns extraordinarios resultados ó sumar un total de 15 medallas.

Marín acolleu a celebración do Campionato Provincial de Takwondo, en modalidades de Exhibición e Combate, no que participaron 500 deportistas, varios deles do club Olimpic de Vilagarcía. Como sempre, completaron unha extraordinaria actuación e trouxéronse 15 medallas.

O Olimpic estivo representado por 13 taekwondistas en Combate e 5 equipos de exhibición. Precisamente nesta última modalidade o conxunto formado por Sandra Bouzas, Silvia Mosquera, Paula Gómez, Iván Meléndez, Felipe Barcala, Aroa Paulos, Sara Domínguez, David Míguez e Yago Vicente, foron segundos, clasificándose así para a fase autonómica que se celebrará en abril e onde está en xogo a presencia para o Campionato de España.

No que respecta á modalidade de combate, en categoría masculina Jonathan Nogueira fíxose co ouro en menos de 33 kilos, Diego Comesaña en menos de 49 e Oscar Fernández, en menos de 61, foron prata, mentres que Pablo García levouse o bronce en menos de 41 kilos.

Entre as mulleres destacou o ouro e a prata acadadas por Aitana Rodríguez e Aída Mondragón, respectivamente, en menos de 59 kilos. Houbo que engadirlles a prata de Sofía Córdoba en menos de 51 e o bronce de Tamara Guerreo en 55. Entre os máis pequenos, Sara Vázquez adxudicouse o triunfo en peso pluma mentres que Selena Pérez, sumou unha prata para o Olimpic e Rebeca Pérez un bronce. Por clubes o Olimpic rematou en terceira posición.

A vindeira cita será o Open de España que se celebra en Alacante e no que estarán presentes en categoría absoluta Lúa Piñeiro e Gabriel Moral, e en cadete, Miguel de Santiago e Yago Vicente.

Redacción Salnés