POBRA> A concellería de Cultura da Pobra celebrará este vindeiro venres 22 por primeira vez na localidade o Día Internacional da Poesía.
A proposta desenvolverase no auditorio do Museo Valle-Inclán a partir das oito da tarde e consistirá basicamente nun recital poético a cargo de cinco autores locais: Érica Alri, Ana Lojo, Marta Ojea, Ciro Fernández e Alfredo Vázquez.
A actividade incluirá a maiores a actuación da soprano Esperanza Mara.
Dende o Concello fan unha chamada a asistir ese día ó recital, que incluirá tamén micro aberto, polo que calquera persoa que o desexe poderá tamén tomar parte na iniciativa para ler ou recitar os poemas que eles elixan.











