Pontevedra> Abril achega moitas citas culturais á cidade, entre elas, unha nova edición de Pontepoética. Unha cita que se desenvolverá do 20 ao 22 de abril en tres escenarios diferentes: Teatro Principal, Casa da Luz e Pub El Pequeño. Un evento cultural que contará con recitais poéticos en sete linguas.
Con mes de abril chega, e xa van 8, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética. Unha cita dirixida por Yolanda Castaño e Antón Silva que ten como fin descarar a poesía galega, a española, a catala, a vasca e tamén a poesía internacional.
A directora deste evento destacou a versión feminina que adopta esta oitava edición de Pontepoética.
Unha cita centrada no teatro pero que tamén engloba moitas máis actividades, os escenarios desta edición serán o Teatro Principal, a Casa da Luz e Pub El Pequeno. Unha cita que lembren se desenvolverá na cidade durante os días 20,21 e 22 de abril.