NOIA> Este máxico esnenario, como é a praza do Tapal, un dos espazos máis característicos da vila, foi o lugar escollido para acoller este ‘Concerto de Película’ a cargo do alumnado do grao profesional do conservatorio Felipe Paz Carbajal, o sábado 3 de maio.
Serán máis de cen músicos, nunha hora de concerto, na que se interpretarán pezas de bandas sonoras de coñecidas películas da historia do cine.
O concerto terá a singularidade de que irá acompañado de proxeccións de imaxes na fachada da igrexa, sincronizadas cos arranxos musicais, o que o converterá nun espectáculo único digno de ver.
Dende o Concello, que colabora tamén coa iniciativa, ven con bos ollos este tipo de concertos, que permite sacar a rúa o traballo realizado ó longo do ano nas clases.
No concerto colaborarán tamén exalumnos, e membros das bandas Isabel II de Touro e da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo. A entrada será libre ata encher a cabida.










