Xornada de portas abertas no Museo do Gravado

    portasabertasmuseo100.jpgRIBEIRA> O museo de artes do gravado celebrou unha xornada de portas abertas para conmemorar o día internacional dos museos.

    {flowplayer}barbanza/portasabertasmuseo.flv{/flowplayer}

    Co obxectivo de conmemorar o día internacional dos museos e dar a coñecer os fondos que alberga o centro, o museo do gravado situado na parroquia ribeirense de Artes desenvolveu unha xornada de portas abertas.

    As persoas que se achegaron ata o centro tiveron ocasión, non só de visitar as tres salas de exposicións, senón tamén de observar algúns dos tesouros cos que conta o museo entre os seus fondos.

    A través de visitas guiadas da man da súa directora, os visitantes coñeceron máis de preto as variadas técnicas de gravado tendo ocasión de contemplar mesmo algunhas das pranchas das obras gañadoras do premio Atlante.

    Na actualidade, a fundación conta cunha colección de máis de vinte mil fondos con obras de artistas universais. A súa fama xa traspasou fronteiras e o no mes de marzo a súa colección dos Desastres da Guerra de Goya expúxose en Costa Rica.

    Redacción Barbanza