O PSOE denuncia un novo vertido industrial no Río Morto

    vertidoriomorto_100_240809.jpgPOBRA> O río Morto rexistrou este luns un novo vertido. Os socialistas pobreses denunciaron os feitos ante a Policía Local.

    {flowplayer}barbanza/vertidoriomorto.flv{/flowplayer}

    Os membros da agrupación socialista da Pobra non desisten no seu empeño de erradicar os vertidos industriais que xa son unha constante no Río Morto. Como proba, as catorce denuncias que presentaron ante a policía local tan só nos últimos catro meses dando conta de episodios contaminantes.

    O desta mañá é, segundo a voceira socialista, un máis na longa lista de vertidos de orixe industrial que se producen no municipio cos consecuentes danos medioambientais e, mesmo económicos. Para acabar con este tipo de prácticas ilegais, solicitan ó exeucitvo que faga efectivas as sancións contra os infractores.

    Ademais de elevar o caso á fiscalía de Medio Ambiente, os socialistas presentarán unha moción relativa ós vertidos para o seu debate no próximo pleno.

    Redacción Barbanza