Os afectados polas preferentes volven saír á rúa no Barbanza

    afectadospreferentespobra100.jpgPOBRA> A plataforma de afectados de Arousa Norte integra xa a douscentos membros a pesar de que hai tan só dúas semanas que se constituíu.

    {flowplayer}barbanza/afectadospreferentespobra.flv{/flowplayer}

    Aínda que cada caso ten as súas particularidades, a historia repítese unha e outra vez. Ningún dos afectados sabía que estaba contratando un produto desas características e en todo momento lle garantiron que poderían retirar os seus fondos cando quixesen. Non foi así e agora algúns están vivindo auténticos dramas.

    Animan a toda a cidadanía a apoialos nas súas mobilizacións e ós afectados a saír á rúa e non ter reparos á hora de denunciar que foron estafados.

    Na súa loita agardan contar co apoio das administracións públicas para que dean unha solución política ó que cualifican de estafa a gran escala sen precedentes.

    Redacción Barbanza