O BNG denuncia propaganda partidista por parte dos concellos de Ribeira e Pobra

    bngdenunciagaliciabilingue100.jpgRIBEIRA> Os nacionalistas de Ribeira e Pobra denuncian o patrocinio realizado polos dous concellos na revista ‘Vosotros’ da asociación Galicia Bilingüe.

    {flowplayer}barbanza/bngdenunciagaliciabilingue.flv{/flowplayer}

    A publicación editada pola asociación ‘Galicia Bilingüe’ recolle un reportaxe sobre a comarca do Barbanza con patrocinio dos concello da Pobra e de Ribeira. dende o BNG consideran que non deberían investirse cartos públicos no que cualifican de ‘propaganda institucional partidista’ nun medio sostido por unha entidade coñecida, din, polos seus constantes ataques ó galego.

    Topónimo erróneo

    No caso da Pobra denuncian ademais que a publicación deturpa de xeito continuado o topónimo da vila á que se refiren como ‘La Puebla del Caramiñal’.

    Por todas estas razóns levarán ós plenos que se celebrarán a próxima semana en ámbolos dous concellos unha serie de preguntas relativas ós gastos derivados desta publicidade, nuns tempos nos que debería impoñerse a austeridade.

    Tamén esixen explicacións ante o feito de que se realice o que consideran propaganda ideolóxica xa que dana a imaxe dos concellos.

    Redacción Barbanza