Amegrove inicia en Sanxenxo a defensa do título

SANXENXO> Esta fin de semana arranca en Sanxenxo a Liga Galega de Traíñas. A I Bandeira Nauta, organizada polo C.R.Amegrove, premiará ó máis rápido cos tempos sumados entre as regatas de sábado e domingo. A Liga B arrancará tamén mañá, en Vigo.

{flowplayer}images/salnes/trainas_290612.flv{/flowplayer} 

Mañá arranca a liga de traíñas máis atractiva dos últimos anos. O novo formato de dúas divisións promete dar máis espectáculo ca nunca. Sobre todo na Liga A, que iníciase esta fin de semana en Sanxenxo, con Cabo de Cruz, Vilaxoán e Amegrove como representantes arousáns. Os de Porto Meloxo son ademais os encargados de organizar esta regata inaugural. A I Bandeira Nauta irá a parar a mans da mellor embarcación no sumatorio dos tempos de sábado e domingo. Ambas mangas disputaranse ás seis da tarde, tanto mañá como o domingo.

Xunto a defensora do título e anfitriona Amegrove, Meira e Chapela parten como grandes favoritos tanto para levarse a liga. Entre os candidatos a loitar polas primeiras prazas aínda que nun segundo escalón aparecen Cabo de Cruz e Vilaxoán. Os vilagarciáns parte coa ilusión de facer algo grande esta temporada. A Bandeira Nauta repartirá 12.000 euros en premios.

Por outra banda, a Liga B comezará en Vigo, o sábado e continuará o domingo coa bandeira da Guardia. Nela estarán outros tres arousáns: Mecos, Rianxo e Puebla. Todos terán a vista posta tanto no primeiro lugar da clasificación, que dá o ascenso directo para o vindeiro ano, como no segundo e terceiro posto, que permite acceder a un playoff de promoción.

Redacción Salnés