PONTEVEDRA> O triatleta Javier Gómez Noya prepara a súa viaxe para participar na última proba do Campionato do Mundo. Hoxe realizou os últimos adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde recibiu a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
{flowplayer}images/salnes/GOMEZ_NOYA.flv{/flowplayer}
Gómez Noya chega á proba do próximo día 11 en Budapest con posibilidades para facerse coa primeira posición. Despois de comezar a temporada recén saído dunha lesión, nestes momentos, o galego sitúase en segundo lugar, por detrás do alemán Frodeno.
As características destas carreiras e os bos resultados dos últimos adestramentos, fan que o triatleta se amose positivo ante as súas posibilidades.
A pesares de que o circuíto non é o seu favorito, para Gómez Noya este contratempo pode quedar compensado coa chuvia que as predicións meteorolóxicas auguran para o sábado en Budapest.
Aínda que a loita do triatleta galego é por conquistar o Campionato mundial, o segundo posto está case asegurado se remata esta proba entre os cinco primeiros da clasificación.
Redacción Salnés