![]()
POIO > O campo de fútbol de Samieira acolleu unha proba que foi organizada polo Club Ciclista Monte Abaixo e que era a primeira puntuable para o Circuito Galego da especialidade. O campión do mundo de triatlon, Javier Gómez Noya, foi a estrela invitada á entrega de trofeos.
Os mellores duatletas de Galicia reuníronse en Poio para desputar unha proba que medra ano a ano. Medra en cantidade de participantes, na calidade dos mesmos e na expectación creada no público.
A competición transcorreu nas inmediacións do campo de fútbol de Samieira. Alí reuníronse xentes de toda a comarca que, animados pola bo tempo que acompañou na mañá de onte, acudiron a presenciar unha proba moi desputada en tódalas súas categorías. O
percorrido, pese a que a organización falaba de que era asequible, foi todo un rompepernas: cinco quilómetros de carreira a pé, dezaoito en bicicleta e para rematar, 2,5 quilómetros tamén a pé. Por suposto, con terreo pouco regular.
Os vencedores en categoría absoluta foron Ángel Matías Pereira e Alba Cuba Dorado, ambos duatletas pertecentes ó Club Cidade de Lugo Fluvial.
Resaltar a presencia do campión do mundo de triatlon Javier Gómez Noya, que aínda que non participou, foi o encargado de entrega-los trofeos ós gañadores.
Redacción Salnés






