350 ximnastas de toda Galicia participan este sábado en Ribadumia no segundo torneo Grand Jeté

RIBADUMIA> Fin de semana de ximnasia rítmica en Ribadumia. O pavillón da Senra acollerá este sábado a segunda edición do Torneo Grand Jeté. Unhas 350 ximanstas procedentes de 23 clubs de toda Galicia daranse cita nesta xornada. Delas, case un cento pertencen ao club ribadumiense. Na organización prometen un gran espectáculo, no que non faltarán as sorpresas e o terror.

O pavillón da Senra de Ribadumia volve ser o escenario do Torneo Gran Jeté. A segunda edición desta cita terá lugar este sábado en Ribadumia. O evento non deixa de medrar, atraendo este ano a 350 ximnastas procedentes de 23 clubs de toda Galicia. Delas, case un cento pertencen ao equipo local.

Porque máis alá da parte deportiva, a organización promete moitas sorpresas e terror, sen queren desvelar nada máis ata o sábado. O club leva tres anos asentado en Ribadumia, cunha estreita colaboración co concello.

Para a cita deste sábado Grand Jeté conta coa colaboración da Xunta e a Deputación.

A entrada para este sábado é de balde.