Moito máis que unha felicitación de Nadal

    entregapremiospostaisnadalambar.jpgPOBRA> AMBAR entregou os premios do seu tradicional concurso de debuxo de Nadal, organizado en colaboración co centro social pobrense.

    {flowplayer}barbanza/entregapremiospostaisnadalambar.flv{/flowplayer}

    Os encargados de entregar os galardóns foron a presidenta de AMBAR, Milagros Rey, xunto con varios membros da súa xunta directiva, así como o director do centro social pobrense, Ricardo Lago. Durante o acto amosaron as postais xa impresas co traballo gañador, elaborado por Domingo Ruíz Dios cun debuxo titulado “Noite Azul”, que recibiu un premio de 70 €. Tamén houbo mencións para o segundo e o terceiro clasificado, Yolanda Zurdo Mariño cun debuxo titulado “Boneco de Nadal”, que levou um premio de 50 € e Iván Rodríguez Fungueiriño cun debuxo titulado “O Nadal de Iván”, que obtivo unpremio de 40 € . Aínda que a temática central era, como é lóxico, o Nadal cada un dos participantes optou por centrarse en distintos aspectos destas festas. Mentres uns optaron por retratar a Papá Noel do máis orixinal, outros, optaron pola típica árbore de Nadal. Este concurso de debuxo navideño converteuse en xa un clásico da asociación que leva quince anos convocándoo en colaboración co centro social da Pobra. Cada edición conta cun maior número de participantes. Por iso, non é de estrañar a gran expectación que levantou a entrega de premios desta maña, na que tódolos compañeiros quixeron coñecer o fallo do xurado e felicitar ós gañadores do certame.

    Sesión contacontos

    Para rematar desenvolveuse tamén unha sesión de contacontos que fixo as delicias de tódolos presentes.

    Redacción Barbanza