Quintana reitera no Parlamento a paralización da Lei de Acuicultura

    SANTIAGO> A lei de acuicultura segue a ser motivo de debate no Parlamento. A Conselleira do Mar contestaba este mediodía a unha interpelación formulada por Alternativa Galega de Esquerdas. Rosa Quintana reiterou a dispoñibilidade do seu departamento para introducir na lei tódolos cambios consensuados co sector. A Conselleira do Mar respondeu no Parlamento a unha interpelación formulada polo deputado Juan Fajardo de Age sobre a lei de acuicultura. Rosa Quintana incidiu en que o borrador está paralizado e é susceptible de introducir calquera cambio sen liñas vermellas. Rosa Quintana acusou o partido da oposición de tentar enganar á opinión pública e falar dende o descoñecemento. Referiuse á defensa que fai AGE das especies herbívoras, alleas ás augas galegas, en lugar de promover o cultivo de especies carnívoras autóctonas. En canto ós contidos específicos do borrador a conselleira aclarou que os mariscadores poderán acceder a máis axudas co estatus de acuicultores con cargo ó Fondo Europeo de Pesca. Insistiu ademais en que o paso de marisqueo a acuicultura é absolutamente voluntario, reversible e mantén a estrutura colectiva da actividade.