Os edís do PP abandonan o pleno de Ribeira denunciando as fallas de respecto do executivo

RIBEIRA> A corporación municipal de Ribeira aprobou a pasada tarde a concesión da medalla de ouro á confraría de pescadores de Carreira e Aguiño. Foi no transcurso dun pleno extraordinario onde a unanimidade foi a tónica dominante. Non así a sesión ordinaria celebrada a continuación na que un desencontro entre o alcalde e a voceira do PP motivo que os edís populares abandonaran o pleno.

O bo entendemento do que fixeron gala os grupos da corporación de Ribeira no pleno extraordinario celebrado a pasada tarde non facía presaxiar o desenlace da sesión ordinaria de novembro celebrada xusto a continuación. No primeiro saíu adiante o acordo para conceder a medalla de ouro á confraría de pescadores da Carreira e Aguiño, proposto polo PP.

Aínda que os grupos de goberno reprocharon ós populares non ter consensuado previamente a iniciativa para promovela en conxunto, tódolos grupos votaron a favor a excepción do edil de IPdeR que se abstivo por formar parte do cabildo da entidade.

Esta boa tónica nada tivo que ver co pleno ordinario celebrado a continuación que acabou cos populares abandonando a sesión durante o debate dunha moción presentada por eles sobre os bonos comercio. O detonante desta reacción foi este comentario do alcalde cara a voceira popular.

Tras abandonar o pleno, os concelleiros do PP comparecían esta mañá para explicar a súa postura. Cualificaron as palabras do alcalde como unha falla de respecto máis na liña, din, do desprezo sistemático ó que somete á oposición.

Din os populares que non é esta a única falla de respecto por parte do executivo ó que acusan de menosprezar sistematicamente á oposición. Ademais de borrar o seu rastro dos perfís oficiais do concello, acusan ó executivo de falla de diálogo e transparencia sen convocar apenas xuntas de voceiros.

Entenden que este xeito de proceder nada ten que ver coa participación cidadá da que, din, tanto presume o executivo.