Os veciños de Bealo organizan este domingo a súa ‘Muiñada’

BOIRO> Esta mañá presentábase unha nova edición, a cuarta, da Muiñada de Bealo que terá lugar este vindeiro domingo.

A proposta xurdiu no seu día da propia veciñanza da parroquia, co fin de poñer en valor o muíño da Ponte e por extensión as nosas tradicións máis populares, para que cheguen ás novas xeracións.

A muiñada arrancará a partir das cinco da tarde e nela incluiranse múltiples actividades como é o caso dunha mesa redonda que versará sobre as coplas e os bailes tradicionais, exposicións, música e baile popular con grupos locais  Pedra da Aroña e Nunca é Tarde e ata unha merenda para compartir entre tódolos asistentes.

Dende o Concello, que colabora coa actividade, agradeceron o esforzo dos veciños de Bealo en organizar este tipo de actividades que buscan preservar e poñer en valor as nosas tradicións.