O CRDORB actuará esta vendima como auditor en 27 adegas

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/18/doauditoria.jpg}images/ano2013/09setembro/18/auditoriasdorb.mp4{/flowplayer} O Consello Regulador da DO Rías Baixas espera colocar nos mercados entre 20 e 22 millóns de litros, tal como sinalou hoxe o seu presidente Juan Gil, que hoxe se reuniu co presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán. No sur da provincia xa comezou a vendima, unha campaña na que o Consello inicia os pasos para deixar a labor de control que viña realizando e pasar a ser un órgano de certificación. O Consello Regulador da DO Rías Baixas inicia nesta vendima o proceso para deixar o control da uva en mans do sector, para adaptarse á normativa europea. Así se experimentará nunhas 27 adegas, seguindo un plan de calidade aprobado no pleno do consello. Nas 27 adegas do Plan de Calidade, os veedores farán de auditores, e en lugar de estar a pé de adega, aparecerán de repente para auditar os datos e ver que todo está en regra. Esta campaña, o Consello combinará as facetas de auditor e vixilante. A maior parte das adegas seguirán con veedores, encargados de controlar nas adegas a orixe da uva. Unha labor que deberán asumir, e algunhas xa o fan, as adegas. O que se pretende é que o sector se axuste á lexislación, que as empresas asuman a labor administrativa que lle corresponde, e o Consello se dedicará a certificar que así o fai como selo de calidade de cara ó consumidor.