BOIRO> 15 mozos iniciaron hoxe a súa formación no eido da microinformática ó abeiro do obradoiro de emprego para persoas mozas Xuventude 1. Trátase dunha iniciativa promovida conxuntamento polos concellos de Boiro, Pobra e Rianxo co financiamento da Xunta de Galicia.
Continuando coa a súa aposta por mancomunar servizos tamén no eido da formación e o emprego, os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra veñen de poñer en marcha un obradoiro de emprego para a mocidade. Comezou esta mañá no Centro de Formación de Espiñeira. Ademais da presenza dos tres alcaldes, o acto de inauguración contou coa delegada territorial da Xunta na Coruña quen destacou o importante esforzo inversor da Xunta neste tipo de programas.
En total, 15 alumnos beneficiaranse deste programa cunha duración de 12 meses nas que recibirán formación remunerada no eido da microinformática, unha especialidade con alta demanda na comarca.
Esta colaboración entre os tres concellos non é nova senón que hai xa dous anos que desenvolven de forma conxunta o Plan Integrado de Emprego











