O Salnés prepárase para a vendima coas uvas ultimando a maduración

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/17/vina170913.jpg}images/ano2013/09setembro/17/vinaxaquinmartinez170913.mp4{/flowplayer} Os viñedos da DO Rías Baixas xa están na fase final de maduración. Nalgunhas subzonas como no Condado do Tea xa empezan estes días a vendima e de cara a fin de semana será no Rosal. No Salnés a evolución dos viñedos é máis heteroxénea, pero espérase que nas zonas máis próximas ó mar arrinque xa a comezos da vindeira semana. No Salnés a maior parte dos viñedos xa roldan os 11 graos, e algúns xa se acercan ós 12. A vendima está a piques de comezar nesta subzona da DO Rías Baixas e prevese que se prolongue ata mediados de outubro. Nas parcelas máis próximas ó mar, a colleita podería iniciarse a principios da semana que vén. Nas zonas do interior do val, aconséllase esperar para garantir unha calidade óptima. Nestes días os técnicos de campo controlan os niveis de azucre e acidez da uva para decidir o punto óptimo de vendima, pero aconséllase ó viticultor que tamén faga un seguimento dos seus viñedos. Á espera da vendima, sería interesante revisar os remolques para garantir a seguridade no transporte das uvas. E, sobre todo, non esquecerse de ir entregando os libros de explotación nas adegas.