O PP pontevedrés pedirá axilidade na construcción do novo Hospital

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/pp_pontevedra_.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/PP_PSOE_SENTENCIA_MONTECARRASCO.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra ven de valorar a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deixa o camiño libre á construcción do novo Hospital de Montecarrasco. Logo de que o Concello anunciase que non ía a recorrer, os Populares entenden neste xesto unha aceptación tácita de que este proxecto é axeitado. O Grupo do PP local de Pontevedra ven de pronunciarse sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que faculta á Xunta de Galicia a continuar co proxecto de construcción dun novo Hospital Único en Montecarrasco. Para o PP está é unha gran nova para a área sanitaria de Pontevedra. E é que o Alcalde pontevedrés, segundo afirman os Populares, adoptou a decisión de non recorrer esta sentencia ante o Tribunal Supremo, ó entender que era a mellor opción posible. Agora Jacobo Moreiras adianta que vai a pedir á Xunta celeridade no proceso constructivo e que se cree un novo calendario de actuacións para que se executen canto antes as expropiacións e as posteriores obras para recuperar os catro últimos anos perdidos, por culpa do executivo pontevedrés. Superado este escollo, pedirá tamén ó Goberno Municipal que volva a poñer o PXOM sobre a mesa de debate. Congratúlase tamén o voceiro popular de que o PSOE,en verbas do seu novo Secretario Xeral, acepte finalmente o modelo de xestión público-privado proposto para a xestión do mesmo. Un punto que contradín desde o PSOE ó asegurar que o PP non é quen de realizar o control público esixible para esa xestión que eles acollen como boa. O PSOE local interpreta esta sentencia como unha eliminación de calquera escusa para que o SERGAS acometa a tan necesaria construcción dun novo Hospital Único para esta área sanitaria. Aínda que volven a reiterar a súa aposta pola ampliación do Hospital de Montecelo, por ser para eles a solución máis rápida, austera e viable.