Aparece o corpo do pescador desaparecido en Punta Couso

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/aparicioncadaverpescador0804151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/aparicioncadaverpescador080415.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> O cadáver foi atopado polo pesqueiro ‘Nueva Lonja’ este mediodía na zona entre Punta Falcoeiro e o Roncoso. A chamada de emerxencia partía este mediodía do ‘Nueva Lonja’, un barco pesqueiro con base en Ribeira, que se atopaba faenando entre Punta Falcoeiro e o Roncoso. Salvamento Marítimo puxo en marcha rapidamente un operativo de rescate, mobilizando ata alí á patrulleria ‘Tabarca’ e a unha lancha da Cruz Vermella, que foi a encargada de recuperar o corpo do mar e trasladalo posteriormente a terra, ata as proximidades do Club Náutico. Ó parecer o corpo presentada un avanzado estado de descomposición, motivo polo cal, nun primeiro momento, fixo complicada a súa identificación. Aínda así, o lugar onde se atopou o cadáver aboiando, moi preto de Punta Couso, facía pensar, de que podería ser Juan Manuel Tarela Romay, o pescador de 33 anos, natural de Escarabote, desaparecido nese lugar o pasado 22 de marzo. Uns indicios que máis tarde se corroboraron, xa que unha vez en terra, e examinado o corpo, antes de ser trasladado a Santiago para practicarlle a correspondente autopsia, comprobouse que levaba consigo a súa documentación e mesmo o teléfono móbil. Para a familia e amigos rematan así preto de 20 días de incertidume e dor, tempo que durou a súa busca.