Rías Baixas prevé colleitar entre 32 e 35 millóns de quilos, un 40% máis que no 2014

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/VENDIMAESTIMACION.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/PLENO_RIAS_BAIXAS.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS>

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas agarda que este ano a colleita se sitúe entre os 32-35 millóns de quilos de uva, case un 40 por cento máis que o ano pasado e en torno ó dez por cento superior á media anual na DO. É a estimación que se realizou hoxe no pleno do consello celebrado esta mañá. As previsións de vendima, se a climatoloxía sen mantén estable, mantéñense na primeira quincena de setembro.

 

Á luz dos datos aportados polo órgano de control do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o pleno da entidade acordou fixar a estimación de colleita para este 2015 entre os 32 e os 35 millóns de quilos de uva. A cifra supón un aumento de en torno ó 35-40 por cento con respecto á pasada campaña, cando os problemas en floración e os fortes ataques de mildiu deixaron o volume recollido en torno ós 24 millóns de quilos; e un dez por cento superior á media anual na DO.

 

Con esta previsión de aumento de colleita agárdase que a calidade da uva tamén sexa moi boa, se ben é preciso a entrada no envero en próximos días e que chova.

 

Con estes baremos, e se a campaña se mantén estable, agárdase que os traballos de vendima se comecen na subzona do Salnés a mediados de setembro e no Rosal uns días antes.