Rianxo acolle ata o catro de agosto o Festival Noites de Jazz

RIANXO> A partir de mañá e ata o dia 4 de agosto, Rianxo converterase na capital galega do jazz. Esta segunda edición do festival Noites de Jazz ven consolidar a aposta iniciada o pasado ano polo goberno rianxeiro cun gran salto de calidade. Os concertos desenvolveranse nas prazas e rúas de vila que se imbuirán da música de destacados artistas da comarca  como Roberto Somoza, Marcos Teira, David Lojo ou EMR Esemble, a agrupación galega Galifunk e bandas de referencia no jazz nacional como O’ Sister. Destaca ademais a aposta pola formación con obradoiros de iniciación musicais, cursos de percusión ou clases maxistrais que contan con máis de corenta inscritos. Como complemento ó festival, o auditorio municipal acollerá ata o vindeiro once de agosto a exposición de gravado Trazos Sonoros, inspirada no mundo do jazz, dos artistas Rosana Calvo e Nacho Beiro.