300.000 quilos de mexillón de volta ó porto de Vilanova

    VILANOVA> Se a imaxe habitual nos portos de Arousa é ver saír camións cheos de mexillón, hoxe asistimos a todo o contrario. Trailers repletos de toneladas deste bivalvo, que tiñan como destino Francia e Italia, chegaron de volta. Todo consecuencia da aparición da toxina e do peche dos polígonos. A presencia da toxina lipofílica e a consecuente decisión da Consellería de Mar de pechar os polígonos de bateeiros adicados ó mexillón na Arousa, provocou que se viran estas imaxes en varios portos da ría. Neste de Vilanova, devolvéronse ó redor duns 300.000 quilos de bivalvo que onte martes partían en trailers dirección a Italia e Francia. Estes países de destino rexeitaron acoller o producto despois do anuncio dende a Consellería de Mar de pechar tódolos polígonos bateeiros por mor da presenza de toxina lipofílica. O enfado no sector é importante. Quéixanse principalmente de que o Intecmar non decidira levar a cabo un peche cautelar o luns, cando fixeron o propio en Meloxo, no Grove, en catro polígono sbateeiros de zona exterior onde se detectou a toxina. Agardaron ata o mércores e propiciaron que toneladas de mexillón se perdesen. O producto fresco, iso sí, tratará de recuperarse devolvéndoo ás cordas. Malestar tamén entre os transportistas e exportadores, que fixeron viaxes en balde coas consecuentes perdas económicas que conlevan. Dende a Consellería e o Intecmar xa anunciaron que seguirán a facer controis para detectar o paso da toxina e poder abrir canto antes os polígonos bateeiros, sempre en condicións de seguridade para o consumidor final do producto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/mexillon600_101013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/descargamexillon_101013.mp4{/flowplayer}