Os reis magos agasallarán porta por porta aos nenos e nenas de Vilanova

VILANOVA> Os reis magos percorrerán as rúas de Vilanova para agasallar aos máis pequenos do municipios. Durante todo o días as súas maxestades visitarán todas as parroquias do municipio. Unha vez rematado o reparto terá lugar unha cabalgata que só se poderá ver dende os fogares para evitar aglomeracións.

Vilanova quere recompensar ás persoas que consideran que máis respectaron as medidas sanitarias, os cativos. Para elo, convocaron aos reis magos para que percorresen as rúas do municipio e entregar un agasallo a cada neno e nena.

As súas maxestades agasallarán a un total de 1120 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos. O reparto será de mañá en Vilanova e pola tarde nas parroquias. Dende o concello piden aos cativos e os pais que estean pendentes da chegada dos reis.

Unha vez remate o reparto terá lugar unha cabalgata pero diferente a dos anos anteriores.

Os nenos e nenas que non estaban en casa no momento do reparto poderán recoller os regalos noutros puntos de cada parroquia. Ademais de no pavillón, os reis, e os máis dos seus 60 axudantes, tamén estarán nas igrexas de Baión, San Miguel, Tremoedo, Caleiro e no Pazo de Vista Real de Corón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí