O incendio dun vehículo nun garaxe alerta ós vilagarciáns

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/INCENDIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/INCENDIO_VILAGARCIA_251013.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> O incendio dun vehículo nun garaxe da Rúa Agustín Romero en Vilagarcía alertaba esta mañá ós veciños da zona. O perigo de que o turismo estourase obrigou ás forzas de seguridade a acordoar a zona, namentres os Bombeiros extinguían as lapas. Finalmente conseguiuse atallar as lapas sen que chegasen a afectar máis vehículos. Un incendio nun turismo estacionado dentro dun garaxe acendeu tódalas alarmas esta mañá en Vilagarcía. Roldaban as dez e cuarto da mañá cando os veciños deste inmoble da rúa Agustín Romero comezon a sentir un forte cheiro a fume, como se queimaran gomas ou material plástico que inundaba o edificio. Alertaron ós servicios de emerxencias que de inmediato acudiron ó lugar da emerxencia: un vehículo, un Ford Focus vermello entrou en combustión por causas que ate o de agora se descoñecen. Os Bombeiros do Vilagarcía procederon á extinción das lapas namentres protección civil e Policía Local valaban e controlaban o acceso e seguridade da zona. Os veciños, alertados polo suceso, arremuiñábanse nas inmediacións do garaxe co fin de obter máis información, e de paso, inmortalizar o momento ca axuda dos seus móbiles e cámaras. Un aspecto que chamou a atención dos presentes foi o nerviosismo dun amigo do propietario do vehículo afectado; moito máis exaltado que o propio dono do coche. A outro veciño de orixe inglesa chocoulle que ante esta situación de emerxencia houbese varios conductores que non se quixesen guiar polas indicacións dos axentes da orde local, malia o grave da situación. Os axentes da orde investigan agora se o incendio foi intencionado ou fortuíto e as causas que orixinaron o lume.