Un centenar de rapaces gozan de ser espías na Illa

A ILLA> Hoxe estivemos na Illa de Arousa. Alí os nenos de infantil do CEIP Torre Illa participaron nunha curiosa actividade. Por terceiro ano celebrouse no centro III Edición de Espías Navideños, unha actividade coa que os cativos o pasaron en grande.

Atopar ao Rei Gaspar, ese é o reto que teñen por diante os cativos da Illa que están a participar na actividade de Espías Navideños. Estivemos con María Paredes, técnico da actividade, e isto foi o que nos contou.

Na actividade están a participar uns 100 rapaces. Segundo afirman dende a organización cada ano mellora polas boas valoracións de estes pequenos participantes.

Unha excelente alternativa de actividade para estes días de vacacións de Nadal nos que os pais e nais traballan.

Dende a Illa convidan a todos aqueles que queiran a converterse en “axudantes de espía” para atopar a súa maxestade e ademais envían unha mensaxe para todos aqueles que estean a ver esta reportaxe.

Sen dúbida unha maneira moi alegre e entretida de pasar un chisco de ese tempo libre que os máis pequenos desfrutan durante o Nadal.