Deteñen a cinco persoas no marco da ‘Operación Trove’

    BARBANZA/SAR> Axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia desmantelaron a un grupo organizado que se dedicaba ó tráfico de distintas substancias estupefacientes nas comarcas do Barbanza e Sar.

    O operativo saldouse coa detención dun total de cinco persoas, catro homes e unha muller, todos eles veciños das localidades de Padrón e Rianxo. O xulgado de Garda de Padrón decretou xa o seu ingreso en prisión. Ademais das detencións realizadas, os axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia, lograron facerse cunhas 860 doses de diferentes drogas como é o caso de cocaína, heroína ou marihuana, atopándose tamén con 154 pastillas de metadona, 30 cápsulas de Tranquimazin e 1.725 euros en metálico. Nos rexistros realizados nos domicilios dalgún dos detidos tamén se recuperaron numerosos obxectos, presuntamente roubados, por valor duns 25 mil euros, entre os que existían bicicletas de montaña, teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, xoias ou televisores. Segundo informaron fontes da investigación os detidos realizaban a venda das substancias estupefacientes nun domicilio de Dodro e en lugares específicos da zona, a onde se achegaban consumidores de distintas localidades próximas. No dispositivo de detencións e rexistros tomaron parte outras unidades territoriais do Instituto Armado, un can de drogas da propia Garda Civil, así como a Policía Local de Padrón. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/detencionsoperaciontrove061113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/detencionsoperaciontrove061113.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí