Pontevedra, Madrid, Barcelona e Sevilla celebran o día da EPOC

    delegadoepoc290307__100.jpgPONTEVEDRA > Pontevedra, Madrid, Barcelona e Sevilla celebra o día da EPOC

    …máis vidas, en concreto a cuarta, o ano e esta taxa cada vez vai máis en aumento. Unha doenza que lle custa moito a nosa saúde pero tamén ó noso peto. Sevilla e Pontevedra viven hoxe o día da EPOC.

    Nesta xornada intentarase concienciar e informar a sociedade sobre esta patoloxía. Nun 90% dos casos a EPOC é evitable. Isto é debido a que neste mesmo porcentaxe a patoloxía vai ligada o tabaquismo. Unha de cada cinco persoas que fuman acabarán padecendo esta enfermidade que incapacita a quen a sofre para facer unha vida normal. A prevención do tabaquismo sobre todo entre os máis cativos é un dos retos máis importantes A EPOC é cuarta causa de morte en Galicia e supón o 35% de tódalas mortes producidas por enfermidades respiratorias.

    Ademais tamén afecta o noso peto. Cada enfermo que sofre esta patoloxía custa 2.000 euros ano en gasto exclusivamente médico. Tres da cada catro persoas que sofren EPOC en estado leve non están diagnosticadas. O doutor Baloira asegura que a curación completa e case imposible pero que pouco a pouco van acadando logros. Aqueles que teñan dúbidas sobre esta patoloxía poden formulalas na páxina web www.nomevendashumo.com. Os profesionais responderanlle tódalas súas cuestións. De momento moitos curiosos xa saíron de dúbidas e pasaron a espirometría. Os laboratorios Pfizer e Boerhinger patrocinan estas xornadas que tamén se celebraron en Madrid e Barcelona.

    Redacción Salnés