Entra en funcionamento o depósito de bombeo do Xobre

    depositogaritapobra_150709.jpgPOBRA> Este servizo rematará cos problemas no subministro de auga dos veciños de Lombiña, Cabío, Areos e Garita.

    Dende primeira hora desta mañá, os técnicos de Aguagest e da empresa responsable da construción do depósito, Fermín Simal, realizaron diversas probas para proceder á posta en funcionamento da estación de bombeo que permitirá solventar os problemas no subminstro que afectan á parte alta da parroquia do Xobre, especialmente durante o verán cando se incrementa a pooación.

    As obras consistiron na instalación de dúas bombas de presión e un depósito hidroneumático de setecentos litros. Procedeuse tamén á colocación de nova tubaxe en todo o trazado da obra, unha caseta e grupo eléctrico así como á modificación de oitenta acometidas.

    {flowplayer}barbanza/depositogaritapobra.flv{/flowplayer}

    Os técnicos optaron pola colocación de bombas sumerxidas para evitar problemas de ruídos que puideran influir na calidade de vida dos veciños. Con esta actuación, financiada con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación por un importe próximo ós cen mil euros, o executivo pobrés continua coas melloras nas redes de servizos básicos en todo o municipio.

    Redacción Barbanza