Ingresa en prisión o implicado nunha agresión na Pobra

    agresionpobra_100.jpgA POBRA> A vítima, un coñecido hostaleiro da localidade, permanece ingresado no Hospital Clínico de Santiago ferido de gravidade.

    Os dous detidos por unha brutal agresión a un veciño da Pobra que tivo lugar o pasado sábado pasaron este luns a disposición xudicial nos Xulgados de Ribeira. Tras prestación declaración, a xuiz decidiu o ingreso en prisión dun deles namentres que o outro arrestado foi posto en liberdade.

    Ó redor da unha do mediodía un dos detidos acusado desta agresión, M.S., veciño da Pobra saía dos Xulgados rodeado dun forte dispositivo policial. Tras o seu paso polo xulgado de Ribeira, a xuíz decidiu o seu ingreso en prisión mentras que o outro imputado foi posto en liberdade. A M.S. atribúeselle un delito de lesións e outro de violación dun domicilio por dous episodios violentos que tiñeron lugar ó sabado no concello de A Pobra.

    {flowplayer}barbanza/sucesopalizapobra.flv{/flowplayer}

    Os feitos aconteceron o pasado sábado, ó redor das oito da mañá cando o presunto agresor se atopou co hosteleiro pobrés nesta céntrica rúa do casco urbano e emprendeuna a golpes con el. A vitima que permanece ingresada no Hospital Clínico de Santiago, onde foi trasladado dada a gravidade das súas feridas, permanece estable, malia que lle foi detectado un coágulo de sangue na cabeza.

    Asemade, este home, ó que xa lle consta un amplo historial delictivo, está acusado de tentar entra pola forza nun domicilio acompañado de dúas persoas máis, que tamén foron arrestadas pola Garda Civil. Ámbolos dous xa prestaron declaración durante a fin de semana e foron postos en liberdade con cargos.

    Redacción Barbanza