A Pobra acolle o Campionato Galego de Marcha de Inverno

    POBRA> O décimo quinto Campionato Galego de Marcha de Inverno vaise celebrar na Pobra o sábado día 26 de novembro. A proba xuntará a 156 marchadores de oito categorías distintas, procedentes das catro provincias galegas.

     

    Unha vez máis o municipio da Pobra amósase sensible e involucrado cunha das disciplinas atléticas federadas, neste caso, a marcha. Así o sinalou o delegado da federación Galega de Atletismo, Iván SAnmartín, que estivo hoxe na presentación do Campionato Galego de Inverno que terá lugar neste concello o próximo día 26. A proba terá lugar no Estado da Alta, en Cabío, a partir das once da mañá, e nela participarán 156 marchadores. Desde o concello da Pobra animaron á xente a desfrutar deste campionato o sábado 26, e comprometeuse a seguir apoiando o deporte, algo que os veciños do municipio demandan e agradecen.

     

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/presentacion_campionato_marcha_POBRA_231120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/presentacion_campionato_marcha_POBRA_23112016.mp4{/flowplayer}