Acordo unánime para acabar coa Xerencia de Urbanismo en Sanxenxo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/26/PLENOSANXENXO251113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/26/PLENO_SANXENXO_251113.mp4{/flowplayer} SANXENXO> A imputación da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, e outras doce persoas por supostas irregularidades na tramitación de cinco expedientes urbanísticos marcou a sesión plenaria na que onte se debatía, entre outros puntos, a disolución da Xerencia de Urbanismo. De novo escoitáronse peticións de dimisión e increpacións ó suposto escurantismo co que se xestionou a xerencia durante estes anos. O pleno de onte en Sanxenxo agardábase intenso. Preludiado pola multitudinaria comparecencia que pola mañá ofrecía a alcaldesa aclarando a súa imputación en supostos delitos de prevaricación, cofeito e tráfico de influencias, a sesión non podía comezar doutro xeito. Coas acusacións da oposición ante a suposta mala xestión urbanística que desde hai anos se vén facendo no municipio e peticións de dimisión. O primeiro, Gonzalo Pita, voceiro de SAL, quen puxo en tela de xuízo as insinuacións da alcaldesa cando apuntou a que a súa imputación se debía a unha ‘vinganza interesada de quen quería controlar o urbanismo en Sanxenxo’. O segundo asalto veu da man do Partido Socialista. A súa voceira Dulcinea Aguín acusou á alcaldesa de querer desviar a atención e escorrer responsabilidades ó amosarse sorprendida polo feito de que entre os 13 imputados non estivera o ex edil de Urbanismo Francisco Villaverde. A acusación fixo saltar a tensión acumulada durante o día e a alcaldes apuntou directamente ó ‘clan da Salgueira’ de estar detrás de esta investigación urbanística. O cara a cara entre SAL e PP acabou salpicando ó socio de goberno no executivo local, VIPS, ata o punto de que Gonzalo Pita acabou pedindo a suspensión dese acordo. Non se aprobou, e a resposta que recibiu non puido ser máis contundente. O debate eclipsou un dos puntos que máis interese espertaba na orde do día, a supresión da Xerencia de Urbanismo, á que o BNG presentou como o traxe a medida feito no seu día polo popular Telmo Martín para protexer a súa xestión á fronte da alcaldía. Tralo debate, a corporación acordou por unanimidade disolver a Xerencia e integrar os seus servizos con concello.