Pontevedra está a soportar sen problemas o corte da ponte da Barca

PONTEVEDRA> Dende hai un mes o carril de saída da Ponte da Barca está pechado ó tráfico por mor dunhas obras que está a acometer Acuaes en Poio. Pois ben, hoxe a edil de Protección Cidadá Carme da Silva, deu a coñecer os datos correspondentes ó informe feito pola Policía Local. O operativo deseñado por eles está funcionando ben e conseguÍu desviar o tráfico sen causar problemas de retencións na cidade. O corte ó tráfico da ponte da Barca non tivo repercusións negativas. Así o asegurou esta mañá a concelleira Carme da Silva. Dende que o pasado 22 de outubro se aplucara o dispositivo deseñado pola Policía Local, a intensidade do tráfico na Rúa Echegaray descendeu en máis 6.000 vehículos diarios, pasouse de 10.306 a 3.709. Algo que deixa ás claras que os conductores soubéronse adaptar con celeridade ós cambios aplicados. Da Silva non quixo adiantar acontecementos sobre a continuación destas obras e posibles novos cortes de tráfico cando están avancen cara o nó dos Bombeiros. Limitouse a confiar no operativo que deseñará a Policía Local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/26/trafico600_261113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/26/trafico_261113.mp4{/flowplayer}