Boiro Novo reclama a ‘remunicipalización’ da piscina da Cachada

BOIRO> Dende a formación inciden no lamentable estado no que se atopan actualmente as instalacións.

Boiro Novo alerta do progresivo empeoramento que dende hai varios anos veñen sufrindo as instalacións e os servizos do complexo municipal da Cachada. Recollen o malestar de moitos usuarios que se queixan do seu deterioro alarmante.

Sen menoscabar o traballo dos profesionais que traballan nas instalacións, que na maioría das veces se ven incapaces de manter as instalacións nunhas condicións axeitadas, dende a formación aluden á necesidade de acometer unha actuación integral que poña fin a todas estas deficiencias.

Dende Boiro Novo aluden tamén ás irregularidades do contrato de xestión, que leva xa preto dos dous anos caducado. Un aspecto este que, segundo eles, podería aproveitar o goberno local para asumir a xestión directa das instalacións.